Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 21 de agosto de 2000 Páx. 12.132

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO da apertura dun procedemento de contratación para a adquisición de balanzas axitadoras para a doazón de sangue.

A Fundación Centro de Transfusión de Galicia anuncia a admisión de ofertas para a adquisición de balanzas axitadoras para a doazón de sangue.

O cadro de características no que figuran as condicións das ofertas está á disposición dos interesados no Centro de Transfusión de Galicia avda. Monte da Condesa s/n, (15706) Santiago de Compostela, en días hábiles de 9 a 15 horas.

Apertura de proposicións económicas: comunicarase oportunamente.

As proposicións poderanse presentar no Centro de Transfusión de Galicia, ou por correo. Deberán presentarse en sobre pechado dirixido ó administrador, no exterior do sobre deberá consta-la referencia: «EXP. 04/00». O prazo de presentación de ofertas rematará ás 15 horas do vindeiro 20 de setembro de 2000.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2000.

Roberto García de Villaescusa Collazo

Director técnico da Fundación Centro

de Transfusión de Galicia