Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 21 de agosto de 2000 Páx. 12.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública de expediente do proxecto de urbanización do aparcadoiro en superficie do campus universitario As Lagoas-Marcosende, Vigo (expediente 4204/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión do día 20 de xullo de 2000, aprobou inicialmente o proxecto unitario de urbanización do aparcadoiro en superficie do campus universitario As Lagoas-Marcosende (Vigo) aprobado pola Universidade de Vigo o día 16-3-2000 e redactado polo arquitecto Gabriel Santos Zas, someténdoo a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no DOG, nun dos xornais de maior difusión da provincia e notificación individual ós interesados directamente afectados.

Por medio deste anuncio sométese a información pública o devandito expediente mediante a inserción deste no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia. Indícase que o prazo de información pública é como mínimo dun mes e entenderase aberto desde a publicación do primeiro anuncio e rematará transcorrido un mes desde a publicación do derradeiro, computado na forma prevista no artigo 48 da LRXAP-PAC, e que durante este calquera interesado e público en xeral poderá presenta-las alegacións ou documentos que consideren convenientes. O expediente atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia, praza do Rei, esquina rúa Cachamuíña) á disposición do público en xeral.

Vigo, 7 de agosto de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo