Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 21 de agosto de 2000 Páx. 12.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OIA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 16 de maio de 2000, acordou aprobar definitivamente o Plan parcial redactado polos arquitectos Luis Zozaya Cervera e Belén González Ramírez, correspondente ó SAU 5 Peña Ajoeira-Oia.

Por aplicación do previsto no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, a eficacia do referido acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor da modificación aprobada, quedan condicionadas á recepción do expediente pola consellería competente e á publicación da ordenanza segundo o establecido na lexislación do réxime local.

A citada resolución pon fin á vía administrativa, polo que contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación deste anuncio. Todo isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Oia, 29 de xuño de 2000.

Álvaro Miniño Rodríguez

Alcalde