Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 21 de agosto de 2000 Páx. 12.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO das listas definitivas de admitidos das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de auxiliares administrativos do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Ó abeiro do disposto na base 4.2 e 5 da resolución do 22 de marzo de 2000, do Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de auxiliares administrativos, anúnciase que o director xeral deste centro, dictou resolución do 28 de xullo, pola que declara aprobada a lista definitiva de admitidos de auxiliares administrativos.

As ditas listas e a composición están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro, e poden ser consultadas, así mesmo, no seguinte enderezo de Internet: http//www.cixtec.es.

Así mesmo, infórmase que a realización do primeiro exercicio terá lugar o día 16 de setembro ás 11.30 horas no Instituto de Formación Profesional Superior das Fontiñas (fronte ó edificio da Policía Autonómica) rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2000.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable