Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 21 de agosto de 2000 Páx. 12.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría de administrativo no cadro de persoal laboral fixo do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

De conformidade co disposto nas bases 6 e 7 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Cixtec de administrativos convocada por Resolución do 2 de marzo de 2000, e remitida polo tribunal nomeado para o efecto, a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

RESOLVO:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría de administrativos, publicándose como anexo da presente resolución.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán presentar, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no Cixtec a documentación á que se refire a base 7.1 da convocatoria.

Terceiro.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no DOG ante o mesmo órgano que dicta o acto e ademais contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2000.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO I

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Cixtec de administrativos.

Nome e apelidos: Pilar de la Torre Pantoja.

DNI: 32.289.298 H.

Nota 1: 16.50.

Nota 2: 19.00.

Nota 3: 4.83.

Méritos: 18.00.

Total: 58.33.