Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 21 de agosto de 2000 Páx. 12.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da execución das obras de construcción dun punto limpo no concello de Cerceda (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: execución das obras de construcción dun punto limpo no concello de Cerceda (A Coruña).

2.2. Prazo de execución: dous meses e medio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: vintenove millóns oitocentas doce mil trescentas trinta e unha (29.812.331) pesetas, IVE incluído (179.175,72 euros).

5. Fianza provisional:

2% do orzamento de licitación: 596.247 ptas. (3.583.51 euros).

6. Fianza definitiva:

4% do orzamento de licitación: 1.192.493 ptas. (7.167,03 euros).

7. Obtención da documentación:

7.1. Copistería Copy Nino.

7.2. Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.

7.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15701.

7.4. Teléfono: 981 58 89 38.

8. Información.

8.1. Enderezo: rúa Os Basquiños, nº 2.

8.2. Teléfono: 981 54 17 49.

9. Requisitos específicos do contratista:

9.1 Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría C.

10. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

10.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

10.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa Os Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

11. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente