A Fundación Centro de Transfusión de Galicia anuncia a admisión de ofertas para a adquisición dunha unidade móbil para extracción de sangue.
O cadro de características no que figuran as condicións das ofertas está á disposición dos interesados no Centro de Transfusión de Galicia avda. Monte da Condesa s/n, (15706) Santiago de Compostela, en días hábiles de 9 a 15 horas.
Importe máximo: 38.000.000 de ptas. IVE incluído (228.384,60 euros).
Apertura de proposicións económicas: comunicarase oportunamente.
As proposicións poderanse presentar no Centro de Transfusións de Galicia, ou por correo. Deberán presentarse en sobre pechado dirixido ó administrador, no exterior do sobre deberá consta-la referencia: «EXP. 03/00». O prazo de presentación de ofertas rematará ás 15 horas do vindeiro 20 de setembro de 2000.
Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2000.
Roberto García de Villaescusa Collazo
Director técnico da Fundación Centro de Transfusión de Galicia