Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 21 de agosto de 2000 Páx. 12.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 294/1999).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Fontelo (Frades).

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón e con conductor LA-56.

-De 1.970 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 10 que alimenta o C.T. Aiazo (expediente 31425) e final no C.T. Tambre, que se vai instalar.

-De 452 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 5 da liña que alimenta o C.T Tambre e final no C.T. Torre, que se vai instalar.

-De 150 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 5 da liña que alimenta o C.T. Tambre e final no C.T. Fontelo.

Centros de transformación nos lugares de Tambre e Torre, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV.

Redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 30 m, 20 m e 20 m, saíndo respectivamente dos centros de transformación de Tambre, Torre e Fontelo. No termo municipal de Frades.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados,

publicáronse no DOG do 29-12-1999 e no BOP do 11-12-1999, no xornal La Voz de Galicia do día 7-12-1999 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Frades ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na devandita relación.

Esta delegación provincial comprobou que se a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións recollidas no artigo 57.A. da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro) e no artigo 25 do Decreto 2619/1966 do 20 de outubro (BOE do 24).

Así mesmo comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificacións do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no artigo 57.B. da devandita lei e artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a utilidade pública dos mesmos que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 13 de xullo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña