Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 21 de agosto de 2000 Páx. 12.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2000 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto e ordinario, a contratación do servicio de cociña-comedor para o Centro Residencial Docente de Ourense. (Expediente 6/2000 SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 6/2000 SE.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de cociña-comedor para o Centro Residencial Docente de Ourense.

b) Lugar de entrega: Centro Residencial Docente de Ourense.

c) Prazo de execución: desde o 1 de novembro de 2000 ó 24 de setembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 93.804.166 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe do concurso.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: Oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 59 26 00.

b) Domicilio: r/ Rosalía Castro, 45-Santiago de Compostela.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 9 de outubro de 2000 ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2º Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: 13 de outubro de 2000 ás 10 horas.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2000.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria