Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 21 de agosto de 2000 Páx. 12.073

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de xullo de 2000 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas para a realización de estudios de terceiro ciclo nas universidades do sistema universitario de Galicia e se procede á súa convocatoria (programa de promoción xeral da investigación e programas tecnolóxicos).

O Real decreto 778/1998, do 30 de abril, polo que se regula o terceiro ciclo de estudios universitarios, a obtención e expedición do título de doutor e outros estudios de posgrao estructura os estudios de terceiro ciclo en dous períodos: o primeiro deles constitúe o período de docencia e o segundo o período de investigación tutelado, e ambos teñen como finalidade a especialización do estudiante nun campo científico, técnico ou artístico determinado, así como a súa formación en técnicas de investigación e, en definitiva, para o progreso social e económico dunha comunidade, posto que se trata dun período no que ten lugar a articulación entre docencia e investigación e no que se forman tanto os investigadores como futuros docentes universitarios.

En consecuencia, a Consellería da Presidencia e Administración Pública a través da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Universidades, manifestan o seu interese en pór en marcha un programa que contribúa ó financiamento dos estudios de terceiro ciclo nas universidades do sistema universitario de Galicia por parte daqueles alumnos que, en función da súa capacitación, poidan converterse en futuros investigadores e profesores universitarios. Este programa encádrase dentro do Programa de Promoción Xeral da Investigación e dos Programas Tecnolóxicos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento (1999-2001) aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 18 de decembro de 1998 (Resolución do 9 de febreiro de 1999, DOG do 24 de febreiro).

Polo que antecede,

DISPÓN:

Artigo 1º

Convócanse bolsas para a realización de estudios de terceiro ciclo (programa de promoción xeral da investigación e programas tecnolóxicos-novas adxudicacións e prórrogas), nas universidades do sistema universitario de Galicia de acordo coas bases que se inclúen nos anexos I, II e III á presente orde.

Estas bolsas teñen como finalidade contribuír ó financiamento dos estudios de terceiro ciclo daqueles alumnos que, en función da súa capacitación, poidan converterse no xerme dunha nova xeración de investigadores.

Artigo 2º

Para a concesión das bolsas destinarase un total de 188.000.000 de ptas. con cargo ás aplicacións orzamentarias 04.07.432A.480.0 e 07.05.322C.483.0

dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2000 e 2001 de acordo coa seguinte distribución:

20002001

04.07.432A.480.029.160.00087.480.000

07.05.322C.483.017.640.00052.920.000

Sen embargo, as cantidades antes citadas poderanse incrementar en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Artigo 3º

A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos deriven dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 4º

Para os efectos establecidos no artigo 42 da Lei 30/1992, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde, será de seis meses contados a partir da data de publicación desta convocatoria. No caso de non dictarse a resolución dentro do devandito prazo, entenderanse desestimadas as solicitudes presentadas.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2000.

Jaime Pita VarelaCelso Currás Fernández

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Educación

e Administración Pública e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Bolsas de nova adxudicación para realizar estudios de doutoramento -Programa de Promoción Xeral da Investigación-

Bases da convocatoria

1. Requisitos dos solicitantes.

a) Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) Ter aprobadas tódalas disciplinas requiridas para o obtención do título de licenciado, de enxeñeiro ou de arquitecto por unha escola técnica superior, incluído o proxecto, se o houbese.

c) Estar admitido ou ter solicitada a admisión, no curso 2000/2001, en programas de terceiro ciclo impartidos nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo. Así mesmo, os bolseiros deberán comprometerse a integrarse nun grupo de investigación dun centro público de investigación da Comunidade Autónoma para realizar actividades complementarias de formación.

2. Contía.

O importe total das devanditas bolsas será de 720.000 pesetas brutas.

3. Período de aproveitamento.

A duración destas bolsas é de 12 meses comprendidos entre outubro de 2000 e setembro de 2001. As bolsas concedidas poderanse prorrogar por unha soa vez e para un só programa de doutoramento, e de acordo coa normativa que se elabore para o efecto.

4. Formalización das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial PXI-20 (que se publica como anexo IV á presente orde e ó dispor dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Universidades e nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia e na Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm., http://www.cesga.es/sxid ou http://www.xunta.es/conselle/ceoug/dxu/index.htm) presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

-Fotocopia do DNI ou doutro documento acreditativo da nacionalidade do solicitante.

-Certificación académica detallada dos estudios de licenciatura, na que figuren as cualificacións obtidas, as súas datas de obtención e o número exacto de convocatorias investidas en cada materia (orixinal ou fotocopia compulsada).

No caso de estudios validados, deberá presentarse, así mesmo, certificación académica, de idénticas características, para os estudios de orixe.

Os que acceden ó 2º ciclo dunha licenciatura a través do correspondente curso de adaptación, por estaren en posesión dun título de diplomado ou por teren realizado o 1º ciclo dalgunha titulación que permita o acceso, para efectos de determina-la media do expediente académico, deberán xuntar, ademais da certificación correspondente ó curso de adaptación 4º e 5º, a referente á diplomatura ou ós estudios de 1º ciclo realizados.

Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros non estatais deberán estar validados ou recoñecidos na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes e deberase xuntar, se é o caso, a escala de puntuacións da correspondente universidade.

-Fotocopia compulsada do correspondente título ou, no seu defecto, documento acreditativo de pagamento das taxas correspondentes para a súa expedición.

-Certificado do secretario do correspondente departamento, segundo o modelo que se inclúe no impreso de solicitude, no que conste a admisión do solicitante no programa de doutoramento ou, no caso de que aínda non se fixera pública a relación de admitidos, copia da solicitude de admisión do solicitante no programa de terceiro ciclo na que figure o rexistro de entrada no correspondente organismo.

-Documento asinado polo director dun grupo de investigación da Comunidade Autónoma no que conste que no caso de obtención da bolsa, o solicitante integrarase no dito grupo para realizar actividades de formación tal como se establece no punto 10 das presentes bases.

O prazo para a presentación das solicitudes remata:

-O día 20 de setembro de 2000 para aqueles solicitantes que xa teñan rematado os estudios de licen

ciatura ou que os finalicen na convocatoria de xuño do presente curso.

-O 4 de outubro de 2000 para aqueles solicitantes que rematen os estudios de licenciatura na convocatoria de setembro do presente curso académico.

5. Tramitación.

Por parte dos servicios da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Universidades comprobarase que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporase a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos das súas delegacións provinciais, no da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, no centro de información administrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, nos dos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, nos dos vicerrectorados dos campus de Ferrol, Ourense, Lugo e Pontevedra e na Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm, http://www.cesga.es/sxid ou http://www.xunta.es/conselle/ceoug/dxu/index.htm. Esta lista estará exposta desde o 20 ó 30 de outubro de 2000, podendo os

interesados, durante ese mesmo prazo, formular reclamación para emendar erros e faltas de documentos, ante a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou a Dirección Xeral de Universidades, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, considerarase que o interesado desiste da súa petición previa resolución, nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992.

6. Selección dos candidatos.

6.1. Comisión de selección.

A selección de bolseiros será efectuada por unha Comisión constituída por dous representantes da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento (un deles actuará como presidente e outro como secretario con voz e con voto), dous representantes da Dirección Xeral de Universidades e un representante de cada unha das tres universidades do sistema universitario de Galicia.

6.2. Criterios xerais de selección.

A selección de bolseiros farase en atención ó seu expediente académico de licenciatura e poderase valora-la tese de licenciatura. A media da expediente académico será obxecto de homologación tendo en conta os valores de medias de titulacións proporcionados polas universidades do sistema universitario de Galicia. A comisión poderá establecer unha puntuación mínima por debaixo da cal non se concederán bolsas.

Non obstante, e con carácter excepcional, a comisión poderá adopta-lo criterio de conceder unha bolsa naquelas titulacións que por aplicación do procedemento anterior queden sen bolseiros sempre que concorran as seguintes circunstancias:

-Que o número de alumnos que remataron a dita titulación sexa tan reducido que determine que o dato de media de titulación non sexa representativo.

-Que o solicitante da bolsa de maior puntuación desa titulación teña unha media de licenciatura que a xuízo da comisión xustifique a concesión da bolsa.

7. Resolución do concurso.

A Comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Universidades para que resolvan conxuntamente. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, e nela especificarase a partida orzamentaria á que se imputan as bolsas e en consecuencia o centro directivo que se encargará dos correspondentes pagamentos (Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou Dirección Xeral de Universidades).

8. Condicións de desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou co desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas, salvo co disfrute daquelas bolsas destinadas a cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios, cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación).

As bolsas concédense para o curso completo, polo que no caso de renuncia ou revogación o bolseiro deberá reintegra-las cantidades xa aboadas, salvo en casos excepcionais autorizados conxuntamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e pola Dirección Xeral de Universidades, logo de xustificación dos cursos superados e das actividades de formación realizadas polo bolseiro durante o período anterior á renuncia.

9. Aceptación da bolsa e pagamento.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro no que se compromete a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes bases. Os pagamentos realizaranse despois de que as universidades acrediten que os bolseiros seleccionados están matriculados nos correspondentes programas de terceiro ciclo.

As bolsas aboaranse trimestralmente; o pagamento do último trimestre realizarase despois de que o titor do bolseiro emita informe favorable en relación co cumprimento por parte do bolseiro das súas obrigas recollidas no punto 10 das presentes bases.

10. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

Os bolseiros están obrigados a asistir ás clases, seguir con aproveitamento os cursos correspondentes ó seu programa de doutoramento e a realiza-las actividades complementarias de formación que determine o titor e deberán integrarse nun grupo de investigación realizando dentro del actividades de formación, cunha dedicación mínima de 10 horas semanais e máxima de 15 horas semanais.

O incumprimento por parte do bolseiro dalgunha das condicións recollidas nas presentes bases suporá a perda da bolsa concedida e, de se-lo caso, o reintegro das cantidades xa cobradas.

Os bolseiros están obrigados a comunicar á Secretaría Xeral de Investigación ou á Dirección Xeral

de Universidades, segundo o caso, a renuncia á bolsa tan pronto como se produza a causa que determine a dita renuncia.

Ó finaliza-lo período de desfrute da bolsa, e antes do 20 de outubro do ano 2000 o bolseiro deberá presentar certificación do director do grupo de investigación no que se integrou, na que se fagan consta-las actividades de formación realizadas durante o desfrute da bolsa.

O incumprimento por parte do bolseiro dalgunha das condicións recollidas nas presentes bases suporá a perda da bolsa concedida e, de se-lo caso, o reintegro das cantidades cobradas conforme o establecido no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia na redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.

ANEXO II

Bolsas de nova adxudicación para realizar estudios de doutoramento. Programas tecnolóxicos.

De acordo co establecido nas disposicións que a seguir se relacionan, e co fin de contribuír á formación de investigadores nos diferentes programas tecnolóxicos do Plan Galego de IDT, convócanse as bolsas que en cada caso se indican:

-Programa: biotecnoloxías (anexo IV da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 8 de febreiro de 2000, DOG do 22 de febreiro).

Nº de bolsas convocadas: 2.

Requisitos específicos:

1) Estar admitido ou ter solicitada a admisión no curso 2000/2001 nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo nalgún dos programas de doutoramento que a seguir se relacionan:

Universidade da Coruña:

-Bioloxía ambiental.

Universidade de Santiago de Compostela:

-Bioquímica e bioloxía molecular.-Investigación e desenvolvemento de medicamentos.-Ciencias forenses e patoloxía.-Endocrinoloxía.-Investigación agraria e forestal.-Avances en cirurxía, anestesia e oftalmoloxía.-Química orgánica.-Morfoloxía médica.-Bases científicas e clínicas da investigación en medicina.-Psicoloxía clínica e psicobioloxía.-Microbioloxía e parasitoloxía.-Bioloxía mariña e acuicultura (Interuniversitario).

Universidade de Vigo:

-Aplicacións en microbioloxía e parasitoloxía.-Metodoloxía e aplicación en ciencias da vida.-Bioloxía dos organismos e ecosistemas.-Ciencias do medio natural e dos alimentos: aspectos analíticos e biotecnolóxicos.-Enxeñería química.

2) Compromiso de integrarse nun grupo de investigación dun centro público de investigación da Comunidade Autónoma que traballe en temas relacionados co programa de biotecnoloxías. Xuntarase, para estes efectos, escrito do director do correspondente grupo.

-Programa: tecnoloxías da información e as comunicacións (anexo III da orde da Consellería de Presidencia e Administración Pública do 8 de febreiro de 2000, DOG do 24 de febreiro).

Nº de bolsas convocadas: 6.

Requisitos específicos:

1) Estar admitido ou ter solicitada a admisión no curso 2000/2001 nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo nalgún dos programas de doutoramento que a seguir se relacionan:

Universidade da Coruña:

-Medicina clínica, avances e investigación.-Telemática: redes e servicios para os novos mercados dixitais.-Tecnoloxías e sistemas de información.-Computación.

Universidade de Santiago de Compostela:

-Electrónica e informática.-Física aplicada.-Comunicación e xornalismo.-Lingüística.

Universidade de Vigo:

-Tecnoloxías das comunicacións.-Comunicación, publicidade e relacións públicas.

2) Compromiso de integrarse nun grupo de investigación dun centro público de investigación da Comunidade Autónoma que traballe en temas relacionados co programa de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións. Xuntarase, para estes efectos, escrito do director do correspondente grupo.

-Programa: investigación mariña (anexo IV da orde conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 6 de marzo de 2000, DOG do 13 de marzo).

Nº de bolsas convocadas: 4 bolsas.

Requisitos específicos:

1) Estar admitido ou ter solicitada a admisión no curso 2000/2001 nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo nalgún dos programas de doutoramento que a seguir se relacionan:

Universidade da Coruña:

-Bioloxía mariña e acuicultura.

Universidade de Santiago de Compostela:

-Bioloxía mariña e acuicultura (Interuniversitario).

Universidade de Vigo:

-Bioloxía mariña e acuicultura.-Metodoloxías e aplicación en ciencias da vida.-Bioloxía dos organismos e ecosistemas.-Oceanografía e xeoloxía de costas.

2) Compromiso de integrarse nun grupo de investigación dun centro público de investigación da Comunidade Autónoma que traballe en temas relacionados co programa de Investigación Mariña. Alomenos unha das bolsas corresponderá a un solicitante que se integre nun grupo do Centro de Investigacións Mariñas de Corón. Xuntarase, para estes efectos, escrito do director do correspondente grupo.

-Programa: conservación do patrimonio cultural e desenvolvemento turístico (orde conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 9 de marzo de 2000, DOG do 28 de marzo).

Nº de bolsas convocadas: 2.

Requisitos específicos:

1) Estar admitido ou ter solicitada a admisión no curso 2000/2001 nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo nalgún dos programas de doutoramento que a seguir se relacionan:

Universidade da Coruña:

-Patrimonio histórico e cultural de Galicia.-Patoloxía e restauración arquitectónica.

Universidade de Santiago de Compostela:

-Xeografía: análise territorial e organización do espacio en Galicia.-Arqueoloxía, historia da antigüidade e ciencias e técnicas historiográficas.-Estudios sobre historia da arte e da música.-Medio ambiente e recursos naturais.

Universidade de Vigo:

-Economía aplicada.-Xestión e dirección de empresas.

2) Compromiso de integrarse nun grupo de investigación dun centro público de investigación da Comunidade Autónoma que traballe en temas relacionados co programa de Conservación do Patrimonio Cultural e Desenvolvemento Turístico. Xuntarase, para estes efectos, escrito do director do correspondente grupo.

-Programa: investigación agraria (anexo IV da orde conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 14 de abril de 2000, DOG do 25 de abril).

Nº de bolsas: 4.

Requisitos específicos:

1) Estar admitido ou ter solicitada a admisión no curso 2000/2001 nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo nalgún dos programas de doutoramento que a seguir se relacionan:

Universidade de Santiago de Compostela:

-Ciencia de enxeñería dos alimentos.-Nutrición e bromatoloxía e tecnoloxía dos alimentos.-Investigación agraria e forestal.-Enxeñería agroforestal.-Introducción á investigación en medicina, cirurxía e sanidade animal.

Universidade de Vigo:

-Calidade ambiental: recursos vexetais e edáficos.-Ciencias do medio natural e dos alimentos: aspectos analíticos e biotecnolóxicos.-Enxeñería dos recursos naturais e medio ambiente.

2) Compromiso de integrarse nun grupo de investigación dun centro público de investigación da Comunidade Autónoma que traballe en temas relacionados co programa de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. Alomenos unha das bolsas corresponderá a un solicitante que se integre nun grupo de investigación dun centro pertencente á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. Xuntarase, para estes efectos, escrito do director do correspondente grupo.

-Programa: investigación en medio ambiente (disposición adicional quinta da orde conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Medio Ambiente do 26 de abril de 2000, DOG do 8 de maio).

Nº de bolsas convocadas: 4.

Requisitos específicos:

1) Estar admitido ou ter solicitada a admisión no curso 2000/2001 nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo nalgún dos programas de doutoramento que a seguir se relacionan:

Universidade da Coruña:

-Ciencia da terra e do medio ambiente.-Química ambiental.-Ciencia e tecnoloxía ambiental.

Universidade de Santiago de Compostela:

-Física aplicada.-Física de partículas e dinámica non lineal.-Enxeñería química e ambiental.-Medio ambiente e recursos naturais.-Enxeñería agroforestal.-Investigación agraria e forestal.-Química.-Métodos numéricos en ecuacións en derivadas parciais. Aplicacións na enxeñería.-Xeografía: análise territorial e organización do espacio en Galicia.-Programa interuniversitario en educación ambiental.-Química orgánica.

Universidade de Vigo:

-Aplicación e microbioloxía e parasitoloxía.-Bioloxía mariña e acuicultura.-Calidade ambiental: recursos vexetais e edáficos.-Bioloxía dos organismos e ecosistemas.-Química fundamental.-Oceanografía e xeoloxía de costas.-Enxeñería dos recursos naturais e medio ambiente.-Economía aplicada.

2) Compromiso de integrarse nun grupo de investigación dun centro público de investigación da Comunidade Autónoma que traballe en temas relacionados co Programa de Medio Ambiente. Alomenos unha das bolsas corresponderá a un solicitante que se integre nun grupo de investigación do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán. Xuntarase, para estes efectos, escrito do director do correspondente grupo.

-Programa: apoio á I+D industrial. Tecnoloxía industrial; (anexo III da orde conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Industria e Comercio do 12 de xuño, DOG do 23 de xuño).

Nº de bolsas: 4.

Requisitos específicos:

1) Estar admitido ou ter solicitada a admisión no curso 2000/2001 nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo nalgún dos programas de doutoramento que a seguir se relacionan:

Universidade da Coruña:

-Enxeñería de unidades e instalacións navais e oceánicas.-Enxeñería de propulsión e navegación marítima.-Enxeñería civil.-Enxeñería naval e oceánica.-Enxeñería industrial.

Universidade de Santiago de Compostela:

-Ciencia e tecnoloxía de materiais.-Química.-Enxeñería química e ambiental.

Universidade de Vigo:

-Química fundamental.-Enxeñería de deseño e fabricación.-Enxeñería química.-Física aplicada.-Enxeñería electrónica, electricidade e automática.

2) Compromiso de integrarse nun grupo de investigación dun centro público de investigación da Comunidade Autónoma que traballe en temas relacionados co programa de apoio á I+D Industrial. Xuntarase, para estes efectos, escrito do director do correspondente grupo.

-Programa: investigación xeolóxica e mineira (anexo III da orde conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e da Consellería de Industria e Comercio do 7 de xuño de 2000, DOG do 22 de xuño).

Nº de bolsas: 4.

Requisitos específicos:

1) Estar admitido ou ter solicitada a admisión no curso 2000/2001 nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo nalgún dos programas de doutoramento que a seguir se relacionan:

Universidade da Coruña:

-Ciencias da terra e do medio ambiente.

Universidade de Vigo:

-Oceanografía e xeoloxía de costas.-Enxeñería dos recursos naturais e medio ambiente.

2) Compromiso de integrarse nun grupo de investigación dun centro público de investigación da Comunidade Autónoma que traballe en temas relacionados co programa de investigación xeolóxica e mineira. Xuntarase, para estes efectos, escrito do director do correspondente grupo.

-Programa: estudios socioeconómicos e xurídicos; (anexo III da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 8 de febreiro, DOG do 21 de febreiro).

Nº de bolsas convocadas: 2.

Requisitos específicos:

1) Estar admitido ou ter solicitada a admisión no curso 2000/2001 nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo nalgún dos programas de doutoramento que a continuación se relacionan:

Universidade da Coruña:

-Métodos e técnicas de investigación na xestión de organizacións.-Economía cuantitativa: instrumentos e análise económica.-Tendencias sociais e procesos de integración.-Integración europea ante os retos da Nova Economía.-Libertades públicas e dereitos fundamentais.

Universidade de Santiago de Compostela:

-O dereito público e as institucións públicas ante a Unión Europea e o Mercosur.-A contratación no comezo do século XXI.-Dereito e cambios normativos.-Procesos políticos contemporáneos.-Economía aplicada.-Economía.-Psicoloxía social e básica.

Universidade de Vigo:

-Estatística e investigacións de operacións.-Técnicas matemáticas avanzadas e aplicacións.-Problemática actual das relacións e institucións de dereito privado.-O dereito público nos limiares do século XXI.-Economía aplicada.-Retos e innovacións no ámbito financeiro contable.-Xestión e dirección de empresas.

2) Compromiso de integrarse nun grupo de investigación dun centro público de investigación da Comunidade Autónoma que traballe en temas relacionados co programa de estudios socioeconómicos e xurídicos. Xuntarase, para estes efectos, escrito do director do correspondente grupo.

Outras condicións da convocatoria:

Análogas ás indicadas nos puntos 1.a), 1.b), 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10 do anexo I.

ANEXO III

Prórrogas de bolsas para realizar estudios de doutoramento-Programa de Promoción Xeral da Investigación

1. Solicitantes.

Poderán solicita-la prórroga aqueles alumnos que desfrutaron durante o curso 1999/2000 dunha bolsa de terceiro ciclo, modalidade nova adxudicación, concedida por resolución conxunta da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Universidades do 18 de novembro de 1999 (DOG do 29 de novembro), sempre que poidan xustificar un adecuado aproveitamento académico nese período, e estean matriculados durante o curso 2000/2001 no segundo ano do programa de estudios do terceiro ciclo impartido nas universidades de Galicia.

2. Formalización das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº PXI-21 (que se publica como anexo V á presente orde e ó dispor dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Universidades e nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia e na Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm, http://www.cesga.es/sxid, http://www.xunta.es/conselle/ceoug/dxu/index.htm), presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

1. Informe realizado polo titor sobre o cumprimento académico do solicitante no curso 1999/2000.

2. Certificación académica de ter superado os créditos do primeiro ano dos estudios de terceiro ciclo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 20 de setembro de 2000.

3. Período de desfrute.

A duración destas bolsas é de 12 meses comprendidos entre outubro de 2000 e setembro de 2001.

4. Tramitación.

Por parte dos servicios da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Universidades comprobarase que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos nas presentes bases. No caso de que a documentación achegada estivera incompleta requirirase o solicitante para que no prazo de dez días complete a documentación ou emende as deficiencias observadas, con advertencia de que, de non facelo, considerarase desistido da súa petición previa resolución, nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992.

5. Outras condicións da convocatoria.

Análogas ás indicadas nos puntos 2, 6.1, 7, 8, 9 e 10 do epígrafe A.