Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 21 de agosto de 2000 Páx. 12.081

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 0198/2000(3), interposto por Antonio Luis César Iglesias Suárez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado Contencioso-Administrativo número un da Coruña providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado número 0198/2000(3), interposto por Antonio Luis César Iglesias Suárez contra a Orde do 14 de febreiro de 2000, pola que se resolve definitivamente a primeira fase do concurso para a provisión de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, pertencentes ós servicios veterinarios oficiais da Comunidade Autónoma (DOG nº 35, do 21 de febreiro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2000.

Joquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública