Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 18 de agosto de 2000 Páx. 12.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

Anúnciase a seguinte licitación:

O Pleno Corporativo, en sesión de data 10 de agosto, acordou dar aprobación ó seguinte expediente:

1. Obxecto: a execución da 1ª fase da obra Centro Socio-Culural, Xuvenil e da Terceira Idade de Rianxo, consistente nas cementacións.

2. Prezo: 63.318.574 ptas. (IVE incluído).

3. Prazo de execución: seis meses.

4. Anualidades: 2000 e 2001.

5. Sistemas de licitación: procedemento aberto e concurso público.

6. Prazo de presentación de ofertas: trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación

deste anuncio no último dos boletíns oficiais en publicalo no (BOP e DOG).

7. Lugar de presentación de ofertas: no rexistro xeral do concello de luns venres de 9 a 13 horas o en calquera dos medios establecidos na Lei 30/1992.

8. Fianza provisional: 2% do prezo de licitación (1.266.371 ptas.).

9. Clasificación: esíxese.

O expediente está a disposición dos interesados na secretaría do concello de luns a venres, de 9 a 13 horas podendo solicitar información ó teléfono 981 86 00 75/76. O custo do anuncio será por conta do adxudicatario.

Rianxo, 10 de agosto de 2000.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde