Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 18 de agosto de 2000 Páx. 12.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PASTORIZA

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión do día 4 de agosto do presente ano, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá na contratación por concurso das obras do proxecto de mellora de abastecemento de auga ós núcleos de Álvare, A Aguarda, Gueimonde e outros, exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para efectos de exame e reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase a contratación da dita obra, se ben no suposto de presentarse reclamacións contra o prego de cláusulas, o concurso aprazarase cando resulte necesario, ata que sexan resoltas pola propia corporación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Concello da Pastoriza.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Mellora de abastecemento de auga ós núcleos de Álvare, A Aguarda, Gueimonde e outros.

b) Lugar de execución: municipio da Pastoriza.

c) Prazo de execución: catro meses.

3. Orzamento base de licitación, importe total: 14.920.000 pesetas, IVE incluído.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Garantías.

a) Provisional: 298.400 pesetas.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello da Pastoriza.

b) Domicilio: praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade e código postal: A Pastoriza, 27287.

d) Teléfono: 982 33 21 97.

e) Fax: 982 33 22 33.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello da Pastoriza, praza de Galicia, nº 1.

8. Apertura de ofertas: no salón de sesións deste concello ás trece horas do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

9. Criterios que servirán de base para a adxudicación.

-Antecedentes relativos a obras de natureza análoga realizadas polo contratista para este concello e para as distintas administracións públicas, ata oito puntos.

-Unidades de obra adicional, ata seis puntos.

-Prazo de execución da obra ofertado polo contratista, ata catro puntos, a criterio da mesa de contratación, condicionado á súa viavilidade.

-Menor prezo ofertado, ata dous puntos.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Pastoriza, 7 de agosto de 2000.

José Yáñez García

Alcalde