Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 18 de agosto de 2000 Páx. 12.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a redacción do proxecto de urbanización e a direccción facultativa incluido todo o referente a seguridade e saúde no que atinxe ás obras de urbanización, correspondente ó proxecto: Urbanización do polígono público (A) do SUNP-6, San Lázaro e dirección facultativa, coas determinacións esixidas pola lexislación vixente, os requisitos contidos no Plan Xeral de Ordenación Municipal e, como proxecto de obras, os requisitos contidos e determinacións esixidos pola LCAP, engadidos os da lexislación en materia de seguridade e saúde e aqueloutros vixentes nas materias específicas aplicables.

Tipo de licitación: 9.505.725 ptas. (57.130,5 euros) IVE incluído.

Prazo de execución: fase de redacción de proxectos: tres meses para a realización da totalidade dos traballos, contados desde a notificación do acordo de adxudicación. En canto á dirección facultativa e ó estudio de seguridade e saúde, a duración do contrato coincidirá co prazo de duración das obras.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do plazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios) Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no prego de condicións económico-administrativas.

Garantías: definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 12 horas, o quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D./Dª...... con enderezo en....., e DNI número....., actuando en nome propio ou en representación de....., con domicilio en....., toma parte no concurso convocado polo Concello de Santiago de Compostela para a prestación da asistencia técnica....., e fai constar que coñece e acepta os pregos de cláusulas administrativas e técnicas e que se compromete a realiza-lo traballo de acordo con eles e polo prezo de..... pesetas.

O licitador

Neste contrato enténdese que os contratistas, ó formularen as súas propostas económicas, incluíron o importe do IVE.

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2000.

P.D.

Luis Toxo

Teniente de alcalde