Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 18 de agosto de 2000 Páx. 12.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de licitación.

Aprobado pola Comisión de Goberno en sesión do 3-8-2000 o expediente de contratación, incluídos os pregos de condicións económico-administrativas que rexerán o procedemento para a contratación da execución das obras referenciadas, exponse ó público por 4 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP, para que poidan presentarse reclamacións por quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, se ben a licitación aprazarase canto resulte necesario de presentarse reclamacións ós pregos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Bueu.

2. Obxecto do contrato: execución da obra Centro Sociocultural de Cela. 3ª fase. Prazo: antes do 20-10-2000, deberá de estar xustificada a execución de 16.000.000 de ptas. A execución total da obra deberá de estar xustificada nos tres primeiros meses do ano 2001.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: poxa.

4. Tipo de licitación: 21.900.000 ptas. IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantías. Provisoria: non se esixe. Definitiva: 876.000 ptas.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Bueu. Eduardo Vicenti, 10. 36930. Bueu. Pontevedra. Teléfono: 986 39 00 29. Telefax: 986 32 20 99.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: gupo C, subgrupo 4, categoría c).

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Bueu, durante os 8 días naturais desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP). De 8 a 14 de luns a venres, de 9.30 a 13 horas os sábados, no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na cláusula 11 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de 2 sobres pechados, A e B denominadaos de «Documentación xeral» e «Proposta económica», coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 11 dos pregos de condicións particulares.

9. Apertura das ofertas: ás 13 horas do 3º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Asímesmo, na mesma sesión aprobouse o correspondente proxecto técnico, que tamén se expón por prazo de 8 días para que se poida examinar e efectua-las alegacións por quen estime ter interese ó respecto.

Bueu, 4 de agosto de 2000.

O alcalde

Rubricado