Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 18 de agosto de 2000 Páx. 12.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a execución das obras de depósito de residuos de construcción e demolición no concello de Chantada (Lugo).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de depósito de residuos de construcción e demolición no Concello de Chantada (Lugo).

2.2. Prazo de execución: dez semanas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: dezasete millóns cincocentas vinteunha mil novecentas corenta e sete (17.521.947) pesetas, IVE incluído (105.309,02 euros).

5. Fianza provisional:

Non se esixe.

6. Fianza definitiva:

4% do orzamento de licitación: 700.878 ptas. (4.212,36 euros).

7. Documentación da documentación:

7.1. Copistería Copy Nino.

7.2. Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.

7.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

7.4. Teléfono: 981 58 89 38.

8. Información.

8.1. Enderezo: rúa dos Basquiños, nº 2.

8.2. Teléfono: 981 54 17 49.

9. Requisitos específicos do contratista:

9.1. Clasificación:

Non se esixe.

10. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

10.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

10.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños, nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

11. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

12. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente