Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 18 de agosto de 2000 Páx. 12.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Bueu.

2. Obxecto do contrato: execución da obra de saneamento de augas residuais e abastecemento á

Torre, estrada provincial á Igrexario en Cela, Bueu, POL 2000. Prazo: 4 meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 13.506.906 ptas. IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantías. Provisoria: non se esixe. Definitiva: 450.276 ptas.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Bueu. Eduardo Vicenti, 10. 36930 Bueu. Pontevedra. Teléfono: 986 39 00 29. Telefax: 986 32 20 99.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non esixible.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Bueu, durante os 15 días naturais desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP). De 8 a 14 de luns a vernes, de 9.30 a 13 horas os sábados, no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na cláusula 11 do pregos de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións contarán de 2 sobres pechados, A e B denominados de «Documentación xeral», e «Documentación específica para o concurso», coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 11 dos pregos de condicións particulares.

9. Apertura das ofertas: ás 13 horas do 6º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábados considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Bueu, 4 de agosto de 2000.

O alcalde

Rubricado