En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 5 de xullo de 2000, a acta da xunta xeral ordinaria que tivo lugar o día 20 de marzo de 2000, expedida polo secretario da devandita asociación,
Antonio de María Angulo, avalada co visto e prace do presidente, Ricardo García-Borregón Millán, na que se recollen os acordos acadados pola xunta xeral e que se concretan nunha nova redacción dos estatutos.
Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2000.
José María Fernández Olea
Director xeral de Relacións Laborais