Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 18 de agosto de 2000 Páx. 12.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Productores do Galo do Curral-Vila de Cruces.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Concialición desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Productores do Galo do Curral-Vila de Cruces, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: local.

Profesional: tódalas persoas físicas, xurídicas, asociacións, SAT, cooperativas, sociedades civís, sitas dentro do ámbito da asociación, e que teñan relación ou persigan os fins que propón ela.

Asinan a acta de constitución: Florentino Varela Mato e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 12 de xullo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo