Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 18 de agosto de 2000 Páx. 12.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 14 de xullo de 2000, da Delegación Comarcal de Vilagarcía de Arousa, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de resolución de expedientes sancionadores.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan, as propostas de resolución dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación comarcal as alegacións que estimen pertinentes.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse a disposición dos interesados na citada Delegación

Comarcal de Vilagarcía de Arousa, Carril, Alto da Rosa, s/n.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000102-5.

Denunciado: Celestino Muelle Rodil.

DNI: 35.448.919-P.

Enderezo: lugar Outeiro, 9, Adigna, Sanxenxo.

Vilagarcía de Arousa, 14 de xullo de 2000.

Javier Piñón Cimadevila

Instructor