Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 18 de agosto de 2000 Páx. 12.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación de Veterinarios de Saneamiento Ganadero de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 5 de xullo de 2000, certificación expedida pola secretaria da devandita asociación, Begoña Seco Varela, avalada co visto e prace do presidente, Antonio Muñoz Barbero, na que se reflicte o acordo acadado pola asemblea xeral ordinaria na reunión que tivo lugar o día 21 de xuño de 2000, e que consiste na modificación dos artigos 1 e 19 dos estatutos.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais