Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 17 de agosto de 2000 Páx. 12.026

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA VEIGA

ANUNCIO de licitación.

Obxecto da licitación: adxudicación mediante concurso por procedemento aberto da execución das obras e do equipamento da ampliación da residencia para persoas maiores da Pobra de Trives.

Órgano de contratación: Pleno da Corporación.

Lugar da execución: A Pobra de Trives (Ourense).

Importe da licitación: 102.948.146 pesetas (618.730,8187 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

Envío de ofertas: secretaría do concello-contratación Concello da Pobra de Trives (Ourense).

Datas para a presentación de ofertas: 26 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio (última publicación).

Horario: 10 a 14 horas, de luns a venres.

Garantía provisional: non se esixe.

Transformacións e prego: Casa do Concello da Pobra de Trives (Ourense).

E-mail: CTRIVES*teleline.es.

Teléf.: 988 33 00 00. Fax: 988 33 10 10.

Ó mesmo tempo exponse ó público o prego de condicións polo prazo de oito días para os efectos procedentes. Se se presentaren alegacións ó prego, adiarase o prazo que sexa preciso.

Nota: o presente anuncio é por conta do adxudicatario.

A Pobra de Trives, 31 de xullo de 2000.

Luis Álvarez González

Alcalde