Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 17 de agosto de 2000 Páx. 12.026

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA POBRA DE TRIVES

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Pedrafita do Cebreiro.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Realización por procedemento aberto mediante forma de concurso da obra de pavimentación e servicios no mercado gandeiro.

b) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 7.920.000 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 158.400 pesetas.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Pedrafita do Cebreiro (Lugo).

b) Domicilio: praza de España, 2.

c) Localidade e código postal: Pedrafita do Cebreiro-27670.

d) Teléfono: 982 36 71 03.

e) Fax: 982 36 71 50.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día anterior ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: os especificados no prego de cláusulas económico administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas: 26 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e BOP de Lugo, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación. Se o último día coincidise en domingo ou festivo, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en dous sobres pechados.

Sobre A, subtitulado oferta económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura como anexo I do prego.

Sobre B, subtitulado documentación xeral, conterá a documentación sinalada no prego de condicións.

c) Lugar e forma de presentación: as proposicións presentaranse en man no rexistro do concello, de nove ás catorce horas.

Admitiranse as propostas presentadas por correo dentro do mesmo prazo pero o empresario deberá xustifica-la data do envío e comunicalo ó concello mediante fax ou telegrama, no mesmo día.

Igualmente serán admitidas aquelas que o efectúen nos organismos regulamentariamente establecidos para o efecto, debendo, en todo caso, notificalo na forma sinalada anteriormente.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la a súa oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

9. Apertura de plicas: no salón de sesións da casa do Concello de Pedrafita, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións (agás sábado).

10. Outras informacións: sede do concello (secretaría).

11. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos: os dos anuncios que xere o concurso.

12. Criterios de adxudicación: os fixados no prego de cláusulas.

Pedrafita do Cebreiro, 4 de agosto de 2000.

O alcalde

Rubricado