Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 17 de agosto de 2000 Páx. 12.026

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de licitación.

O Pleno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 9 de xuño de 2000, aprobou os pregos se cláusulas administrativas particulares e

de prescricións técnicas que rexerán o concurso para a adxudicación do servicio de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos e limpeza de espacios públicos no termo municipal de Viveiro.

I. Obxecto do contrato. Constitúe o obxecto do contrato a xestión indirecta, mediante concesión, dos servicios públicos de recollida de residuos sólidos urbanos e de limpeza de espacios públicos, con extensión a todo o termo municipal de Viveiro.

II. Prazo do contrato. Quince anos, prorrogables por períodos bianuais, logo de acordo expreso do órgano municipal competente, e aceptación igualmente expresa da entidade contratista.

III. Tipo de licitación. Oitenta e seis millóns duascentas setenta e nove mil catrocentas vinteoito (86.279.428) ptas., IVE incluído-518.549,81 euros-, que lle aboará anualmente o concello ó adxudicatario.

IV. Publicidade dos pregos de condicións económico-administrativas. Estarán á disposición de tódolos interesados, días 8 ás 15 horas no Negociado Municipal de Urbanismo e Contratación.

V. Garantías provisional e definitiva. Provisional: un millón cincocentas mil pesetas (1.500.000)-9.015,18 euros-; Definitiva: dez millóns (10.000.000) de pesetas.-60.101,21 euros-.

VI. Acreditación da solvencia. 1. A solvencia económica e financeira acreditarase coa presentación da seguinte documentación:

a) Contas anuais correspondentes ó derradeiro exercicio pechado, ou extracto delas, no suposto de que a publicación desta sexa obrigatoria nos estados onde está establecida a empresa.

b) Informe e instrucción/s financeira/s.

c) Calquera outra documentación que sexa considerada suficiente pola Administración.

2. A solvencia técnica acreditarase coa presentación dos seguintes documentos:

a) Declaración relativa á cifra de negocios global e relación dos principais servicios ou traballos desenvolvidos na área do contrato durante os tres últimos anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

b) Declaración que indique a media anual de persoal, se é o caso, do grao de estabilidade no emprego e o cadro de persoal directivo durante os últimos tres anos.

VII. Presentación de proposicións. Durante os 20 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no derradeiro dos boletíns oficiais. No caso de que o día vixésimo coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata o día laborable siguiente.

VIII. Modelo de proposición. A proposición axustarase ó seguinte modelo:

D/Dna......, maior de idade, veciño/a de....., con domicilio en....., titular do DNI nº....., en nome pro-

pio (ou en representación de....., con domicilio en....., con DNI/CIF nº.... sabedor do concurso público, con procedemento aberto, convocado polo Concello de Viveiro para adxudicar, mediante concesión, a xestión indirecta dos servicios públicos de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos e limpeza de espacios públicos no termo municipal de Viveiro, comprométese á súa realización con suxeición estricta ós pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas, os cales afirma coñecer e aceptar na súa integridade, presentando para os efectos a proposición económica seguinte:

a) Canon anual:... ptas.

b) Gastos xerais e beneficio industrial (% sobre a)... ptas.

c) Total canon anual (a+b):... ptas.

d) IVE (sobre c):... ptas.

Canon anual final (c+d) (en letra e número):... ptas.

(Lugar, data e sinatura do licitador)

IX. Gastos de publicidade. Será por conta do adxudicatario.

Viveiro, 12 de xullo de 2000.

César Aja Mariño

Alcalde