Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 17 de agosto de 2000 Páx. 12.005

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2000 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0004562/2000, interposto polo Concello de Oleiros.

Con data do 21 de xuño de 2000, a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural recibe da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 02/0004562/2000, interposto polo Concello de Oleiros, contra desestimación presunta do recurso de alzada interposto a través de Resolución 731/2000, perante a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre expediente de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da U.A. nº 25, parcela I en Mera-Maianca.

A Consellería de Medio Ambiente, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda nesta data a remisión do expediente administrativo á referida sala, ordenando a súa notificación para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2000.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente