Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 17 de agosto de 2000 Páx. 12.001

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo con carácter de pacto extraestatutario do persoal da UNED en Ourense e a súa extensión da Rúa.

Vista a solicitude e documentación axunta presentada nesta delegación provincial sobre o rexistro

e déposito do acordo alcanzado por José A. Fidalgo Santamariña, en calidade de director do centro asociado da UNED e Isabel Fernández Moreiras, en calidad de representante do persoal de administración e servicios do persoal da UNED en Ourense e a súa extensión na Rúa, situada nas Torres do Pino s/n baixos e dedicada a actividade do ensino público e de acordo cos seguintes:

Antecedentes:

1. Con data de rexistro de entrada nesta delegación do 16 de maio de 2000, recíbese escrito de José A.

Fidalgo Santamariña, remitindo a seguinte documentación:

a) Texto do acordo ou pacto extraestatutario asinado pola representante do PAS e o representante do padroado.

b) Folla estatística de convenios colectivos de empresa, debidamente cuberta.

c) Actas de negociación e sinatura do acordo.

2. A empresa carece de órganos de representación unitaria dos traballadores.

Fundamentos de dereito

1. A competencia desta delegación para coñecer do expediente vén disposta polo Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, en relación co Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

2. O artigo 37.1º da Constitución recoñece o dereito á negociación colectiva laboral entre os representantes dos traballadores e empresarios, así como a forza vinculante dos convenios. O título III do Estatuto dos traballadores, desenvolve o citado precepto constitucional. Ambos textos legais esixen, para que os acordos ou convenios entre as partes alcancen a consideración de convenios colectivos propiamente ditos ou estatutarios, que sexan subscritos polos lexítimos representantes destes, artigo 87 do ET, así mesmo o artigo 6.3º b) da Lei organica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, reserva para as organizacións sindicais a facultade da negociación colectiva conforme o previsto no ET.

3. O citado acordo goza do amparo, por unha parte do disposto nos artigos 1.1º e 3.1º c) do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; e doutra polos artigos 1.281 e sucesivos, así como polos artigos 1.254 e 1.257 do Código Civil. Desta forma, o acordo ou conenio extraestatutario vale como pacto e lei entre as partes, segundo se predica do contrato. Son, pois, convenios colectivos de eficacia limitada. Existen, ademais, preceptos que previstos para os convenios colectivos estatutarios se aplican ós extraestatutarios. Así sucede co rexistro e depósito destes últimos, ós que se refiren os artigos 2º, letra f) do Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, BOE de 6 de xuño, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e o artigo 1º, apartado 1º, letra c), e apartado 2º, do Real decreto 2756/1979, do 23 de novembro, que fai referencia ó Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación e as súas funcións

encomendadas. Igualmente, é de aplicación, nos acordos ou convenios extraestatutarios, o disposto no artigo 90.5º, como vía de impugnación.

En virtude do anteriormente exposto, e tendo en conta as disposicións citadas e demais de xeral aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo co carácter de pacto extraestatutario no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito na Servicio de Relaciones Laborales, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación dependentes desta delegación provincial.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Notifíqueselles esta resolución á empresa e ós traballadores afectados, facéndolles sabe-lo dereito que teñen de recorrela, se non están conformes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o director xeral de Relacións Laborais, podendo presenta-lo recurso de alzada ben nesta delegación, ben na citada dirección xeral.

Ourense, 16 de xuño de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Centro asociado da UNED

Pacto extraestatutario do persoal da UNED en Ourense e a súa extensión da Rúa

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación a todo o persoal de Administración e servicios dependente laboralmente do centro asociado da UNED en Ourense.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Este convenio terá unha duración mínima de dous anos. En consecuencia a súa duración será do 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro do ano 2000.

De non ser denunciado por algunha das partes con tres meses de antelación, quedará prorrogado tacitamente por períodos de doce meses máis.

Os salarios que ó final se reflicten son de aplicación desde o 1 de xaneiro de 1999. As súas contías resultan de incrementa-lo 1,8% os establecidos para o exercicios de 1998, segundo o disposto para o persoal do sector público na Lei de orzamentos para 1999.

A partir do 1 de xaneiro de 2000 incrementaranse os salarios aquí reflectidos co incremento do IPC máis dous puntos (dous por cento) de conformidade co aprobado polo pleno do Padroado o 8 de novembro de 1999.

A partir do 1 de xaneiro de 2001 incrementaranse os salarios co incremento do IPC do ano anterior,

sen prexuízo da negociación que procedese das condicións económicas e retributivas. Igual criterio seguirase para anos posteriores en caso de non ser denunciado por ningunha das partes.

Artigo 3º.-Clasificación profesional.

O persoal clasifícase en dous grupos. O grupo III recolle o persoal que teña o título de bacharelato superior ou asimilados e o grupo IV ó resto de persoal.

Enténdese que é indispensable te-lo título esixido para optar a estes niveis, non obstante poderá ter un nivel inferior (independentemente de ser titulado) en relación coa praza adxudicada, e, polo tanto, unhas retribucións acordes coa dita praza.

Artigo 4º.-Organización do traballo.

O persoal que, por circunstancias especiais (enfermidades, permisos, etc.), realizará temporalmente un traballo de categoría superior, percibiría un aumento do 100% da diferencia salarial entre ámbalas categorías (mentres dure esta situación). En caso de ter que realizar un traballo de categoría inferior non tería ningunha diminución salarial.

O persoal que, independentemente das súas funcións (sobre as que se fixan as retribucións), realizase traballos complementarios, percibirá un complemento do 10% do seu soldo por cada traballador complementario. Estes traballos terán que ser autorizados pola dirección e deixarase de percibi-lo complemento cando non se realice.

Artigo 5º.-Garantías.

En caso de que algún traballador perciba no momento da aprobación deste convenio unhas retribucións en cómputo anual superior ás pactadas, manterá a súa situación anterior, sendo compensadas en anos posteriores e sendo de aplicación os incrementos no momento en que se absorbesen estas diferencias.

Artigo 6º.-Pagas extraordinarias.

Os traballadores comprendidos neste convenio, percibirán anualmente doce pagas ou mensualidades, máis dúas pagas extraordinarias de trinta días de salario convenio máis complementos e antigüidade.

Estas dúas pagas extras aboaranse como máximo o 10 de xullo, a de verán, e o 10 de decembro, a de Nadal.

Artigo 7º.-Desprazamento de vehículos.

O traballador que con autorización e por orde da dirección e co correspondente permiso de conducir, tivera que facer uso do seu vehículo particular, percibirá por km percorrido o que estipule como máximo a Lei do IRPF do ano de devengo.

Artigo 8º.-Axudas de custo.

O persoal deste centro que por necesidades do servicio (reunións do PAS, convocatorias da UNED

de Madrid, etc.) teña que desprazarse fóra da súa poboación de traballo, percibirá a cantidade de 5.500 (cinco mil cincocentas) pesetas, para gastos de peto e de difícil xustificación, cando o desprazamento o aboe Madrid. Esta axuda de custo percibirase por desprazamento, fose cal fose a súa duración.

Artigo 9º.-Antigüidade.

Todo o persoal fixo do cadro de persoal desfrutará de trienios que se remunerarán de conformidade co estipulado pola Administración para os empregados públicos. O máximo de antigüidade ó que pode acceder un traballador será de cinco trienios.

Artigo 10º.-Incapacidade laboral.

Nos casos de incapacidade temporal para o traballo derivada de accidente laboral, a UNED comprométese ó aboamento da diferencia existente entre as prestacións da Seguridade Social e o salario real. Esta obriga cesará no momento que cause baixa na UNED por pase a incapacidade permanente ou outra causa non atribuíble á UNED.

Nos casos de incapacidade temporal para o traballo derivada de enfermidade común, maternidade ou accidente non laboral, a UNED de Ourense conpletará a diferencia existente entre as prestacións da Seguridade Social e o salario por un período máximo dun ano.

Artigo 11º.-Seguro de invalidez e morte.

A UNED de Ourense concertará, con pólizas o seu cargo, un seguro de invalidez e morte para o persoal fixo do cadro de persoal, de acordo coas seguintes coberturas:

Morte: 5.000.000 (cinco millóns de pesetas.)

Invalidez para o seu traballo habitual: 2.500.000 (dous millóns cincocentas mil pesetas).

Invalidez absoluta para calquera tipo de actividade remunerada: 5.000.000 (cinco millóns de pesetas).

Gran invalidez: 6.000.000 (seis millóns de pesetas).

Artigo 12º.-Xornada laboral.

A xornada de traballo será de 37,5 (trinta e sete e media) horas semanais, preferentemente de luns a venres. Se ó longo da duración do convenio se producise diminución na xornada de traballo da Administración local ou provincial, serán de aplicación ó persoal deste centro as ditas diminucións.

Nos períodos que a UNED considere lectivos para efectos de exames ou outras circunstancias, aínda que estes foran sábados ou domingos, o persoal está obrigado á asistencia ó traballo sen incremento ningún nas súas retribucións, sempre e cando iso non exceda o cómputo anual de horas.

Establécense como días non laborables e non recuperables o 24 de decembro (Noiteboa) e 31 de decembro (Noitevella), así como a data que a UNED a nivel central fixe como patrono do centro (Sto. Tomás de Aquino).

Artigo 13º.-Vacacións.

O persoal da UNED desfrutará de trinta días naturais ó ano. Este desfrute realizarase preferentemente no mes de agosto.

Se algún traballador estivera de baixa laboral nas datas indicadas para as súas vacacións, será a dirección do centro a que lle fixe as novas datas de desfrute das súas vacacións. As vacacións retribuiranse non podendo substituírse por ningún tipo de compensación económica a non ser por liquidación por cesamento do traballador.

Artigo 14º.- Licencias e permisos.

O traballador, avisando coa posible antelación e xustificándoo adecuadamente, poderá faltar ou ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e durante o tempo máximo que a continuación se expón:

-Quince días naturais por matrimonio.

-Durante tres días, que deberán ampliarse a dous máis, cando o traballador necesite realizar algún desprazamento a localidade distinta a aquela onde teña a súa residencia habitual, e o desprazamento supere os 200 km ida e volta, nos casos de parto da esposa ou enfermidade grave ou falecemento de cónxuxe, ascendentes ou descendentes ata terceiro grao.

-Durante os días por traslado do seu domicilio habitual.

-Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal debidamente xustificado.

-Por matrimonio de pais, fillos, netos, irmáns e cuñados, outorgaranse dous días de licencia, sendo un día máis se o acontecemento é fóra da provincia de Ourense.

-Polo tempo indispensable e necesario para acudir a consulta médica sempre que se xustifique debidamente.

-Oito días ó ano para asuntos propios. Este desfrute deberá ser aprobado previamente pola dirección, a cal accederá ás datas solicitadas, sempre e cando as necesidades do servicio o permitan, e no seu defecto figurando as novas datas para o desfrute deste permiso.

Artigo 15º.-Sancións.

O persoal vinculado a este convenio poderá ser sancionado nos seguintes casos:

Faltas leves:

Por acumulación de faltas de puntualidade ou abandono do traballo antes do remate da xornada: perda de retribución de 1 a 3 días de salario.

A reiteración destas faltas dará lugar a ser considerada como falta grave e aplicarlle o estipulado nelas.

Por desleixo no vestido e o aseo: perda dun día de salario. A reiteración poderá levar consigo a perda de tres días de salario, e de persisti-lo dito desleixo converterase en falta grave, séndolle de aplicación o estipulado nelas.

Desconsideración cos compañeiros, insultos, uso de vocabulario obsceno, etc. perda de retribución de 1 a 3 días. A reiteración poderá levar consigo a consideración de falta grave.

Desidia no cumprimento das súas funcións, considerarase como falta leve no caso de non ser habitual e sancionado con perda de salario de 3 a 5 días.

Faltas graves:

A reiteración de faltas leves poderá sancionarse con suspensión de emprego e soldo de 15 a 30 días.

Considérase como falta grave a insubordinación ou falta de respecto ós seus superiores, sancionándose con suspensión de emprego e soldo de 15 a 30 días.

O mal trato, sexa de palabra ou obra, ás persoas que veñen a realizar xestións ó centro, considerarase falta grave, sendo isto motivo de suspensión de emprego e soldo de 15 a 30 días.

A deterioración voluntaria do material da UNED, ou o entorpecemento do labor do centro, tanto na súa parte administrativa como de funcionamento habitual, será obxecto de suspensión de emprego e soldo de 15 a 30 días.

Faltas moi graves:

Considérase falta moi grave o acoso sexual, podendo levar aparellado unha sanción que pode oscilar en suspensión de emprego e soldo dun a tres meses, ou despedimento disciplinario.

A acumulación de faltas graves poderá ocasiona-lo despedimento disciplinario.

É de aplicación todo o regulado no Estatuto do traballador nesta materia, así como a composición do tribunal que deba xulgar estas faltas.

Artigo 16º.-Dereitos sindicais.

Os recollidos no Estatuto do traballador y na lexislación vixente en cada momento.

Artigo 17º.-Réxime de retribucións.

É de aplicación o expresado no artigo 4º.

As retribucións fixas de carácter mensual son:

-Soldo base: determinado pola pertenza a un nivel.

-Antigüidade: determinada por trienios, e estes fixados na súa contía polos orzamentos estatais.

É de aplicación o figurado no Regulamento de réxime interior e nas bases de execución dos orzamentos do centro no que concirne a gratificacións.

Artigo 18º.-Dereitos sindicais.

Establécese unha axuda por natalidade, adopción legal ou nupcialidade de 15.000 ptas. Tamén se establece unha axuda por defunción do traballador en activo de 100.000 ptas.

Establécese unha axuda para o empregado, compañeiro/a e fillos menores de 30 anos, sempre e cando estes convivan cos seus pais e dependan economicamente deles, para gastos de odontoloxía, oftalmoloxía ou prótese por un importe máximo do 50% dos gastos ocasionados. Esta cantidade non poderá superar en ningún caso as 30.000 ptas. por empregado e ano. Non será de aplicación en caso de que estes gastos os teña cubertos pola Seguridade Social ou mutua de accidentes.

Os traballadores fixos, terán dereito a unha prima por xubilación anticipada nas seguintes contías:

Ós 60 anos: 14 mensualidades.

Ós 61 anos: 10 mensualidades.

Ós 62 anos: 8 mensualidades.

Ós 63 anos: 5 mensualidades.

Ós 64 anos: 3 mensualidades.

O traballador deberá solicitarlo á dirección no ano anterior, co obxecto de reflectir estes custos nos orzamentos ordinarios.

Artigo 19.-Táboa salarial.

Táboa salarial a partir do 1-1-1999

(persoal a tempo completo)

(salarios mes, non incluídas pagas extraordinarias)

Grupo III

PostoGrupoSoldo baseTrienio

Encargado bibliotecaC181.8923.644

Grupo IV

PostoGrupoSoldo baseTrienio

Auxiliar administrativoD152.9372.434

Conserxe mantementoE137.3461.825

Ordenanza-ConserxeE130.6651.825

Artigo 20º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria formada polo representante do PAS e do director do centro para entender de cantas cuestións suscite a aplicación e interpretación do presente convenio.

Ourense, 16 de febreiro de 2000.

Isabel Fernández MoreirasJosé Luis Baltar Pumar

Polo PasPolo padroado