Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 16 de agosto de 2000 Páx. 11.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T. de enlace Vilariño do Conso-Viana do Bolo, concello de Viana do Bolo. (Expediente IN407A 99/81-3 A.T.).

Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Sáenz Díez nº 45, 32003-Ourense, solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria 1ª da indicada Lei 54/1997.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións: 1. Sofía García Gómez (predios nº 43 e nº 48) alega erro na titularidade dos predios e solicita ampliación de datos da afección, o que xa foi corrixido pola empresa beneficiaria. 2. Victorino Llorden Álvarez (predios nº 51 e nº 56) nas súas alegacións manifesta que se lle aboe o prezo xusto pola servidume de paso, o que corresponde a outra fase do procedemento, xa que será determinado no seu día polo xurado provincial de expropiación, previa vista das actas previas para o efecto se levanten -acto para o que será citado oportunamente- e das follas de aprecio contradictorias das partes; pide así mesmo a expropiación total do predio nº 56, o que se desestima xa que non se xustifican as condicións que establece o artigo 23 do citado Decreto 2619/1966 e a expropiación soamente grava unha servidume de paso no predio conservando o titular a propiedade daquela, sen alteración das súas condicións fundamentais.

Vista sobre o terreo a citada traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nesta non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617 e 2619/1966,

RESOLVO:

1. Autorizar a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que conta

cos seguintes datos básicos para un orzamento de 8.481.238 ptas.:

-L.M.T. aérea núa a 20 kV, de 2.760 m en conductor LA-56, sobre apoios metálicos (2) e de formigón (19), con orixe no apoio nº 30 da L.M.T a Quintela do Pando e final no Centro C. Liñas Viana II.

2. Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade da ocupación dos bens ou de adquisicións dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimonais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

3. Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 1 de outubro de 1999, que se publicou no DOG do 12 de novembro, no BOP de Ourense do 10 de novembro e no xornal diario La Región do 23 de outubro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admnistracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 11 de xullo de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense