Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 14 de agosto de 2000 Páx. 11.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

AVISO do 6 de xullo de 2000, do Servicio de Estructuras Rurais da Coruña, polo que se anuncia a toma de posesión provisional de predios da zona de concentración parcelaria da zona de San Mamede e Santa Cruz de Ribadulla (Vedra-A Coruña).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de San Mamede e Santa Cruz de Ribadulla (Vedra-A Coruña) e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes de resolver do seis por cento dos titulares das explotacións, nin representando os reclamantes máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, resolveu dar posesión provisional dos novos predios. A toma de posesión é obrigatoria para tódolos interesados e enténdese, sen prexuízo das rectificacións que proceden como consecuencia dos recursos que prosperen (artigo 44 da Lei de concentración parcelaria de Galicia). No caso de que algún propietario non permita a toma de posesión dos predios de substitución, no prazo indicado, será obxecto, logo de apercibimento,

de compulsión directa, tal e como establece o artigo 45 da antedita lei.

Os interesdos poderán reclamar ante esta xefatura, sita na Praza Luis Seoane, s/n, 6ª planta da Coruña acompañando dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e o que conste no expediente de concentración, no prazo de trinta días contados desde o seguinte ó da publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia (artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Para os efectos oportunos establécense os seguintes prazos de toma de posesión:

a) Labradío sen colleita pendente, prados e pastos: o día seguinte ó da publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia.

b) Os restantes predios, no momento de ser retiradas as colleitas que estiveran pendentes de recolección no día antes citado.

c) En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre contribuínte e adxudicatario. En caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de achega no prazo de seis meses contados desde a publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia, de petición á Xefatura de Servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e o informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural, da Consellería de Medio Ambiente no caso de ser especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo entenderase que pertencen ó propietario do novo predio.

A Coruña, 6 de xullo de 2000.

Rodolfo Rodríguez González

Xefe de Servicio de Estructuras Rurais da Coruña

Visto e prace

Rogelio del Valle Muñóz-Cobo

Delegado provinvial da Coruña