Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 14 de agosto de 2000 Páx. 11.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2000, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia concurso público polo procedemento aberto, con trámite de urxencia para a contratación da subministración consistente na adquisición dun equipamento para obtención de cortes ultrafinos para observación mediante microscopía elctrónica de transmisión (ultramicrotomo, paramidotomo e máquina de facer coitelas).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación. Servicio de Apoio á Investigación e Divulgación Científica.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adquisición dun equipamento para obtención de cortes ultrafinos para observación mediante microscopia electrónica de transmisión (ultramicrotomo, paramidotomo e máquina de facer coitelas).

b) Lugar de entrega: Centro de Investigacións Mariñas. Corón. Vilanova de Arousa (Pontevedra).

c) Prazo de entrega: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma concurso: público.

4. Orzamento base de licitación: 8.900.000 ptas. (53.490,07 euros), IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentacións de proposicións, nos días e horas hábiles, na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, sita en Santiago de Compostela, rúa dos Irmandiños s/n. Salgueiriños.

b) Teléfono: 981 54 61 51 e fax: 981 54 61 38.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: no prazo de oito (8) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Edificios administrativos San Caetano, s/n 1771 Santiago de Compostela ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Reglamento xeral de contratación do Estado.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día natural desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: 11 horas.

9. Gastos do anuncio:

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2000.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira e Investigación