Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 14 de agosto de 2000 Páx. 11.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/134-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

-Enderezo social: avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

-Denominación: L.M.T,, C.T. e R.B.T. Cortegada-Enviande.

-Situación: A Estrada.

-Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 610 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio 18 da L.M.T. Souto-Montillón ata o C.T. que se proxecta en Enviande, Concello da Estrada. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 1.325 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos propietarios afectados, presenta alegacións a propietaria dos predios 64 e 65 manifestando que descoñede o lugar por onde lle afecta o paso da liña, que o predio 64 sobrevoa outra liña xa existente e que a 65 como é de pequena extensión, de pasala tería que facelo por un extremo, e engade que pasen a liña por terreos públicos.

Envíase copia do plano da instalación á interesada para que poida ve-la afección e ó mesmo tempo envíase copia do seu escrito á empresa eléctrica e esta manifesta que a liña é reforma dunha existente e o seu trazado o mesmo, e que a liña non sobrevoa o predio 64 senón que simplemente ten afección lateral e que o C.T vai colocado no lindeiro do predio 65 afectándolle en 5 m lineais.

Traslado o escrito da empresa á propietaria do terreo, esta manifesta que o C.T deben situalo nun poste que hai próximo os seus predios, e que se as condicións técnicas non o fan posible, que o sitúen en calquera dos dous vértices que forman a unión dos seus predios. Trasládase copia deste escrito á empresa, ratificándose esta no seu escrito anterior e engadindo que non é posible varia-la situación do C.T. Dase traslado do escrito á propietariado terreo e esta volve a insistir que se coloque o C.T. no outro ángulo da unión dos seus predios. Trasládase copia do escrito á empresa e esta ratifícase nos seus escritos anteriores.

Considerando que a situación prevista no C.T. debe ser próxima á pista de acceso, co fin de que no caso de avaría poida repararse ou corrixirse rapi

damente e que por outro lado, o modifica-la situación podería afectar a outros predios que actualmente non están e que ademais xa existe unha afección por unha liña telefónica e pola propia liña existente eléctrica.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 28 de xuño de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra