Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 14 de agosto de 2000 Páx. 11.933

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 29 de xuño de 2000, correspondente á categoría 18 (licenciado/a informático) (lista B) do grupo I.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou con data do 24 de xullo de 2000 resolución estimatoria do recurso formulado por Mª Jesús Méndez Paleo, contra a Resolución do 29 de xuño de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 18 (licenciado/a informático) (lista B) do grupo I.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición da interesada, procede darlle a debida publicidade ás modificacións provocadas por esta nas listas publicadas por Resolución do 29 de xuño de 2000, no sentido de que debe figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 18 (licenciado/a informático)(lista B) do grupoI, cos datos seguintes:

Mª Jesús Méndez Paleo, DNI 76.569.438, lista B, puntuación: 2,030 puntos.

-No posto número 9 para o ámbito D1500.

-No posto número 6 para o ámbito D2700.

-No posto número 6 para o ámbito D3200.

-No posto número 6 para o ámbito D3600.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

A presente resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou, directa-

mente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública