Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 14 de agosto de 2000 Páx. 11.933

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 7 de xuño de 2000, correspondente á categoría 18 (marcador/a de metais preciosos) (lista B) do grupo III.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou con data do 24 de xullo de 2000 resolución estimatoria do recurso formulado por Carmen Fátima Núnez Sánchez, contra a Resolución do 7 de xuño de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 18 (marcador/a de metais preciosos) (lista B) do grupo III.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición da interesada, procede darlle a debida publicidade ás modificacións provocadas por esta, nas listas publicadas por Resolución do 7 de xuño de 2000, no sentido de que debe figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 18 (marcador/a de metais preciosos) (lista B) do grupo III, cos datos seguintes:

Carmen Fátima Núñez Sánchez, DNI 34.984.873, lista B, puntuación: 1,200 puntos.

No posto número 4 para o ámbito D3200.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

A presente resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, no pra

zo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme ó artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contensioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública