Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO de poxa de obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Mugardos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente:

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: saneamento no núcleo de Boado.

b) Lugar de execución: Concello de Mugardos.

c) Prazo de execución: seis (6) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 23.823.829 ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

a) Provisional: 476.477 ptas.

b) Definitiva: 952.953 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Mugardos. Secretaría.

b) Enderezo: avda. de Galicia, 45.

c) Localidade e código postal: Mugardos 15620.

d) Teléfono: 981 47 03 38-47 02 90.

e) Fax: 981 47 20 17.

f) Data límite de obtención de documentos: ata as 13 horas do día anterior ó que remate o prazo de presenta-las proposicións.

7. requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo E) hidráulicas, subgrupo 1. Abastecementos e saneamentos. Grupo G) viais e pistas subgrupo 6. Obras viais sen cualificación específica. Categoría contrato de execución de obra c.

b) Outros requisitos: ver cláusula 12.2 do prego.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presetnación: de 9 a 13 horas dentro do prazo de trece (13) días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en dous sobres pechados:

-Sobre A, subtitulado: oferta económica, conterá a proposición económica formulada de conformidade co modelo que figura no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Sobre B, subtitulado: documentación, conterá a documentación esixida na cláusula 12.2 do prego.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Concello de Mugardos.

2º Enderezo: avda. de Galicia, 45.

3º Localidade e código postal: Mugardos 15620.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Mugardos (salón de sesións).

b) Enderezo: avda. de Galicia, 45.

c) Localidade: Mugardos.

d) Data: terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas (agás os sábados que pasará o luns seguinte).

e) Hora: 12 da mañá.

10. Outras informacións.

Secretaría, no primeiro andar do concello.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

12. Pregos.

É de aplicación o prego de cláusulas administrativas xerais aprobado polo Pleno o día 28-7-2000.

Mugardos, 1 de agosto de 2000.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde