Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MASIDE

ANUNCIO de licitación.

Por acordo do Pleno Municipal con data do 28 de xullo de 2000, foi aprobado o prego de condicións administrativas particulares que ha de rexe-lo concurso aberto das obras de acondicionamento e mellora no contorno da Casa do Concello de Maside, o cal se expón ó público por un prazo de catro días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para que poidan presentaren reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público se ben a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Maside.

b) Dependencia que tramite o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: acondicionamento urbano e mellora no contorno da Casa do Concello de Maside.

b) Lugar de execución: Maside.

c) Prazo de execución: dous meses (2).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación e criterios de selección que se utilizarán para a adxudicación da obra.

a) Orzamento base de licitación: 25.000.000 de ptas., incluído IVE.

b) Criterios de selección para adxudica-la obra: os establecidos na cláusula XIII do prego de condicións.

5. Garantías.

Provisional: 500.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Maside.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Código postal: 32570.

d) Teléfono: 988 28 83 53.

e) Fax: 988 28 89 52.

f) Data límite de obtención de documentación e información: dentro dos trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOP ou no DOG.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 6, categoría D.

b) Outros requisitos: os que se especifiquen no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula XI do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Concello de Maside.

Lugar: rexistro xeral do Concello de Maside de nove a catorce horas, tódolos días excepto sábado que será de dez a trece horas.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Maside.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: Maside.

d) Data: será o quinto día hábil seguinte a aquel en que acabe o prazo sinalado para a presentación de ofertas; se coincidese en sábado, pasarase ó luns seguinte.

e) Hora: ás trece horas.

10. Outra información.

Os pregos de cláusulas administrativas atópanse á disposición dos interesados na secretaría desta corporación para poderen ser examinados.

11. Gastos de anuncios e tributos.

Por conta do adxudicatario.

Maside, 31 de xullo de 2000.

O alcalde

Rubricado