A Comisión de Goberno do Concello de Nogueira de Ramuín aprobou o día 3 de agosto de 2000 o prego de condicións que rexerá o procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación da execución da obra construcción cños. As Raposas-Armariz; Borraxos-Viñoas e outros.
Anúnciase simultaneamente o concurso, se ben se aprazará cando resulte necesario, de se presentaren reclamacións.
Prezo: 19.986.324 pesetas.
Garantías:
-Provisional: 399.726 pesetas.
-Definitiva: 799.452 pesetas.
Presentación de plicas: nos trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP/DOG (contados desde a última publicación). Horario: das 9 ás 14 horas no rexistro do concello de luns a venres.
Apertura de ofertas: o terceiro día hábil seguinte ó da apertura dos sobres B, en sesión pública na casa do concello, ás 12 horas.
Nogueira de Ramuín, 3 de agosto de 2000.
José Eugenio Galindo González
Alcalde