Por resolución da alcaldía-presidencia de data 31 de xullo de 2000 aprobouse o expediente de contratación mediante procedemento aberto por poxa, en tramitación urxente, da obra denominada: beirarrúas, estrada e pavimentación da rúa Casaio, incluída no Plan Provincial de Cooperación do ano 2000.
1. Obxecto: execución de beirarrúas, estrada e pavimentación da rúa Casaio, incluída no Plan Provincial de Cooperación do ano 2000.
2. Orzamento. Tipo de licitación: 16.277.500 ptas. (97.829,745 euros).
3. Forma de adxudicación: procedemento aberto por poxa. Tramitación urxente.
4. Prazo de execución: 4 meses.
5. Garantías. Provisional: 2% do tipo de licitación. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información: o expediente de contratación e prego de condicións particulares expóñense ó público durante catro días desde a súa publicación no BOP. Os interesados poden obte-la información que consideren oportuna na Secretaría do Concello de Carballeda de Valdeorras (Sobradelo). Teléfono: 988 33 50 02; fax: 988 33 53 79. A data límite para obtención de documentación e información será a de finalización do prazo para a presentación de ofertas.
7. Requisitos do contratista: persoa física ou xurídica. Clasificación: non se esixe.
8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións, de conformidade co modelo que figura no prego de condicións, presentarase no rexistro xeral do concello, ata as 14 horas do décimo terceiro (13) día natural seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP ou no DOG (data da última publicación), xuntando a documentación que se especifica no prego de condicións.
9. Apertura de plicas e proposta de adxudicación: terá lugar en acto público no salón de sesións do concello, ás 12 horas do día seguinte hábil (agás sábado) a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas, formulándose a oportuna proposta de adxudicación.
10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Carballeda de Valdeorras, 1 de agosto de 2000.
Mª Carmen González Quintela
Alcaldesa