Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BAIONA

ANUNCIO de concurso.

Obxecto: a contratación, mediante procedemento aberto baixo forma de concurso da obra: urbanización da unidade de execución nº1 Os Tendais.

Tipo: 339.659.692 ptas.

Prazo de execución: 24 meses.

Fianza: provisional, 2% do tipo. Definitiva, 4%.

Exposición do prego de cláusulas: terá lugar conxuntamente co anuncio de concurso, podéndose presentar reclamacións ó mesmo durante o prazo de oito días hábiles seguintes á publicación do anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia (o derradeiro deles).

Prazo e lugar de presentación das proposicións: durantes os 26 días naturais seguintes ó da publicaicón do derradeiro anuncio do concurso no BOP e o Diario Oficial de Galicia. As propostas deberán axustarse ó modelo de proposición, contendo dous sobres: A) Oferta económica, e B) Documentación.

Apertura das ofertas.

Terá lugar o décimo día hábil seguinte ó de remata-lo prazo de presentación das propostas. (Se fora sábado, trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte).

Modelo de proposición.

Don/Dona....., maior de idade, veciño/a de....., con domicilio en....., titular do DNI nº....., expedido con data....., en nome propio (ou en representación de....., veciño/a de....., con domicilio en..... segundo acredito con poder bastante), informado do concurso tramitado para adxudicar, mediante procedemento aberto, as obras de urbanización da unidade de execución nº 1 Os Tendais, comprométese a executalas, atendendo ós criterios obxectivos de adxudicación nas seguintes condicións:

-Prezo.

-Solvencia económica.

-Experiencia en obras análogas.

-Prazo de execución.

Baiona ,..... de..... de 2000.

Sinatura.

Baiona, 10 de xullo de 2000.

Benigno Rodríguez Quintas

Alcalde