Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMOEIRO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 7 de agosto de 2000, aprobou os pregos de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto polo trámite urxente para a contratación por concurso das obras de abastecemento e saneamento en Vilaboa (obra nº 2 Plano base 2000) e abastecemento e saneamento en Santabaia (obra nº 3 Plano base 2000), os cales se expoñen ó público polo prazo de catro días, contados a partir do seguinte ó da ultima publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG, para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente anúncianse concursos públicos polo trámite urxente, se ben, as licitacións se aprazarán cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra os citados pregos.

1. Entidade adxudicadora.

A) Organismo: Concello de Amoeiro.

B) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto dos contratos. Descrición.

A) A execución da obra abastecemento e saneamento en Vilaboa, obra nº 2 do Plano base 2000, de acordo co proxecto técnico redactado polo enxeñeiro agrónomo Pablo Millán Trillo. Prazo de execución: 3 meses. Orzamento de execución por contrata e tipo de licitación: 8.162.000 ptas.

B) A execución da obra abastecemento e saneamento en Santabaia, obra nº 3 do Plano base 2000, de acordo co proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Pablo González Rodríguez. Prazo de execución: 3 meses. Orzamento de execución por contrata e tipo de licitación: 8.000.000 de ptas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

A) Tramitación: urxente.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma: concurso.

4. Garantías.

Provisional: será do 2% do orzamento de contrata da obra.

Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

A) Entidade: Concello de Amoeiro.

B) Domicilio: estrada de Tamallancos-Barbantes. (Amoeiro).

C) Localidade: Amoeiro, C.P. 32170.

D) Teléfono: 988 28 10 00.

E) Fax: 988 27 99 88.

F) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.

6. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe clasificación para ningunha das obras citadas.

7. Presentación de ofertas.

A) Data límite: para a presentación de ofertas para tomar parte na citada contratación, dentro dos trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte.

B) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 19ª de cada prego.

C) Lugar de presentación: Concello de Amoeiro.

8. Apertura de ofertas.

A) Entidade: Concello de Amoeiro.

B) Data: obra de abastecemento e saneamento en Vilaboa, ás doce horas do terceiro día hábil posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados). Obra de abastecemento e saneamento en Santabaia ás trece horas do terceiro día hábil posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

9. Gastos do anuncio.

Os gastos do presente anuncio serán por conta dos adxudicatarios das obras.

Amoeiro, 7 de agosto de 2000.

Manuel Fernández Rincón

Alcalde