Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 31 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica requirimento de documentación devolto polo servicio de correos (expediente OR-85/020, conta 16).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, examinado o seu expediente de cambio de réxime da vivenda de promoción pública da que é titular e comprobado que falta a documentación preceptiva ó abeiro do Decreto 123/1998, do 16 de abril, con esta data resolvín publica-la notificación de requirimento da devandita documentación, co fin de proceder á oportuna resolución definitiva do expediente, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Advírteselle que, de non presentar esta documentación antes de que transcorran tres meses a partir da publicación do presente requerimento, se producirá a caducidade do procedemento cos efectos previstos no artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O que se lle notifica de acordo coa normativa antes citada.

Ourense, 31 de xullo de 2000.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente OR-85/020, conta 16.

Adxudicatario: Carlos Gómez Gómez.

Último enderezo coñecido: r/ Pablo Iglesias, nº 10-6º A, 32004 Ourense.

Documentación que debe presentar: declaración de que ningún membro da unidade familiar foi propietario dunha vivenda de promoción pública nin dispón en propiedade ou aluguer ningunha outra vivenda.