Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 12 de xullo de 2000, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores en réxime de aluguer, P-026/2000 e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro e na alínea primeira do artigo 138 do regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e derradeiro enderezo coñecido (identificado por número de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda, os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas ou comparezcan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que estimen convenientes no dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 12 de xullo de 2000.

Andrés Iglesias López

Xefe de Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente PO-83/520 (expte. desaf. P-026/2000).

Conta: 15.

Nome: Carmen Cerqueira Pereira.

Enderezo: r/ Torrecedeira, 74, 1ºC (Vigo).

Impago débeda: 850.024 ptas.

Expediente: PO-83/520 (expte. desaf. P-027/2000).

Conta: 49.

Nome: Roque Eiras García.

Enderezo: r/ Torrecedeira, 74, 2ºH (Vigo).

Impago débeda: 513.440 ptas.

Expediente: PO-83/520 (expte. desaf. P-029/2000).

Conta: 63.

Nome: Joaquín Núñez Tiscar.

Enderezo: r/ Torrecedeira, 74, 2ºJ (Vigo).

Impago débeda: 321.287 ptas.