Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se fai pública a adxudicación do concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de asesoramento metodolóxico para a elaboración do sistema de cualificacións en Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve publica-la adxudicación do concurso para a contratación do servicio de asesoramento metodolóxico para a elaboración do sistema de cualificacións en Galicia.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 27/2000.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: deseño dunha metodoloxía que defina o modelo que debe adoptar unha cualificación para ser incorporada ó sistema das cualificacións e identifica-las competencias profesionais asociadas a cada unha delas, así coma o asesoramento ó equipo técnico de Instituto Galego das Cualificacións no proceso de elaboración das cualificacións en dous sectores: lousa e construcción Naval.

c) Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 7 de xuño de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: doce millóns cincocentas mil pesetas (12.500.000 ptas.), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 4 de xullo de 2000.

b) Adxudicataria: Grupo Santillana de Ediciones, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: doce millóns de pesetas (12.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2000.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude