Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO da aprobación inicial dos estatutos e bases do polígono G9.01 (rúa San Vicente) do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña.

Con data 1 de xuño de 2000, Cesar Pérez Maldonado presentou escrito solicitando a apertura do correspondente procedemento para a aprobación de bases e estatutos do polígono G9.01 e a posterior constitución da xunta de compensación. O escrito en cuestión vén acompañado da documentación seguinte:

-Proxecto de bases e estatutos.

-Certificación da acta acreditativa da aprobación pola comisión xestora do polígono do proxecto presentado a trámite.

-Fotocopias dos títulos de propiedade dos membros da comisión xestora.

-Identificación do titular da outra parcela incluída no polígono.

-Plano parcelario do polígono G9.01.

Informe.

1. Lexitimación: xustifícase por parte dos solicitantes a condición de propietarios afectados pola actuación urbanística en proporción suficiente para lexitimar este trámite, para efectos do cal ha de se facer constar que, por se tratar dun acto de iniciación do procedemento, a interpretación do artigo 133.4º da Lei do solo de Galicia canto á porcentaxe mínima para se constituír en comisión xestora deberá facerse desde a perspectiva máis favorable para a execución do plano. Por tanto, e sen detrimento das alegacións que se presentaren ó longo do período de información pública, considérase xustificada a propiedade da porcentaxe suficiente para insta-la actuación municipal.

2. Contido: polo que fai ó contido do proxecto de estatutos e bases nada hai a obxectar por respecta-lo mesmo as determinacións obrigatorias derivadas do disposto nos artigos 166 e 167 do Regulamento de xestión urbanística.

3. Tramitación: a aprobación dos estatutos e bases de actuación deberá axustarse ó procedemento previsto no artigo 102 da Lei 1/1997 do 27 de marzo do solo de Galicia, segundo se dispón no artigo 134.4º da referida norma con aprobación inicial, citación persoal ós interesados e información pública a través da publicación no Diario Oficial de Galicia.

A competencia para a aprobación inicial terá a Alcaldía Presidencia a teor do artigo 21.1º-J da Lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das bases do réxime local, na súa redacción dada por Lei 11/1996, non sendo subsumible este trámite entre as delegacións feitas a favor da comisión de goberno as cales han de se entender referidas a actos definitivos (como o será o da aprobación definitiva de bases e estatutos), e non de trámite como o é o que nos ocupa, o cal, polo contrario, si ha de se incluír entre os delegados por providencia do 6 de xullo de 1999 na concellería correspondente, isto é, a da Área de Urbanismo.

Proposta.

Primeiro.-Incoar expediente para a aprobación de bases e estatutos da xunta de compensación a constituír para a execución do polígono G9.01 (rúa San Vicente) do Plano xeral de ordenación municipal en vigor.

Segundo.-Aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos presentado por Cesar Pérez Maldonado en nome e representación da comisión xestora constituída para estes efectos.

Terceiro.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, así como tamén a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se anexa, facultando a comisión xestora e no seu nome a Cesar Pérez Maldonado como secre

tario desta para a súa presentación e dilixenciamento perante o órgano correspondente.

A Coruña, 9 de xuño de 2000.

Beatriz Mariño Vila

Xefa de Sección de Actividades Urbanísticas

Providencia.

Visto o informe emitido polo departamento de Xestión e en relación co trámite de aprobación de bases e estatutos correspondentes ó polígono G9.01, resolvín:

Primeiro.-Incoar expediente para a aprobación de bases e estatutos da xunta de compensación a constituír para a execución do polígono G9.01 (rúa San Vicente) do Plano xeral de ordenación municipal en vigor.

Segundo.-Aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos presentado por Cesar Pérez Maldonado en nome e representación da comisión xestora constituída para estes efectos.

Tercero.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, así como tamén a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se anexa, facultando a comisión xestora e no seu nome a Cesar Pérez Maldonado como secretario desta para a súa presentación e dilixenciamento perante o órgano correspondente.

A Coruña, 9 de xuño de 2000.

Alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda

O que se traslada a vostede conforme o disposto no artigo 133.4º en relación co 102, ambos da Lei 1/1997, do 24 de marzo do solo de Galicia (BOE nº 103, do 30 de abril) coa advertencia de que o expediente se acha á súa disposición nas oficinas de xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na avenida da Mariña nº 18, entre as 12 e as 13.30 horas de luns a venres durante o prazo de vinte días a partir da publicación ou notificación do acordo que se traslada, onde poderá consultalo e presentar cantas alegacións teña por conveniente en defensa dos seus dereitos.

A Coruña, 9 de xuño de 2000.

P.D.

Jesús Arsenio Díaz García

Secretario