Examinado o expediente instruído por instancia de Javier Fontao Ageitos, na súa calidade de representante legal da entidade mercantil Fontao Travel, S.L., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, en Boiro, na rúa Pablo Iglesias, 1, da axencia de viaxes Fontao Travel, S.L., do grupo
retallista, co código identificativo XG-170, que ten a súa casa central en Ribeira, na rúa Manuel Lustres Rivas, 1.
Resultando que o interesado xunto coa solicitude achegou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.
Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.
Considerando que na tramitación do expediente observáronse tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.
Vistos a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, esta Dirección Xeral de Turismo
RESOLVE:
Autorizar á axencia de viaxes Fontao Travel, S.L., sita en Ribeira, na rúa Manuel Lustres Rivas, 1, da que é titular a entidade mercantil Fontao Travel, S.L., a apertura dun novo establecemento en Boiro, na rúa Pablo Iglesias, 1, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación de presente resolución no DOG.
Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2000.
P.D. (Orde 12-1-1998)
Aurelio Miras Portugal
Director xeral de Turismo