Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 13 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 46/2000 por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio da presente cédula notifícase a Donuts Galicia, S.L., a resolución do expediente sancionador 46/2000 por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de A Coruña, e que consta nos locais da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (Camiño do Francés, 10, baixo. Santiago de Compostela), para que o expedientado poida ter coñecemento do contido da mesma.

Fáiselle saber así mesmo o dereito que lle asiste para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais no prazo de 30 dias contados desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade coa sanción deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde número 001-014017-2 do Banco Bilbao Vizcaia, sucursal de Santiago de Compostela.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pilar Farjas Abadía

Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Expediente: 46/2000.

Denunciado: Donuts Galicia, S.L.

Último enderezo coñecido: polígono La Telva. Sigrás, 8. Cambre-A Coruña.

Feito denunciado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido:

-R.D. 2419/1978.

-R.D. 1712/1991.

Precepto sancionador:

-Lei 14/1986 (xeral de sanidade).

-R.D. 1945/1983 (infracción e sancións).

Sanción proposta: 200.000 ptas.