Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2000 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación dun contrato de consultoría e asistencia. (Expediente 3/2000 SX).

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 3/2000 SX.

Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: a realización do traballo de campo e gravación da información para a elaboración dos índices mensuais de vendas do comercio polo miúdo en Galicia referidos ós once primeiros meses do ano 2000.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG do 11 de maio de 2000.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: 5.162.000 ptas., IVE incluído.

Adxudicación.

Data: 6 de xullo de 2000.

Adxudicatario: Dateco Consultores, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: catro millóns novecentas oitenta e oito mil pesetas (4.988.000 ptas.) IVE incluído.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG 207)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de

Industria e Comercio