Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico ampliación Álabe-Soán para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 064-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública

a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico ampliación Álabe Soán coas seguintes características:

Peticionario: Acciona Eólica de Galicia. Praza de Ferrol, nº 6. 27001 Lugo.

Situación: concellos do Valadouro e Muras (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

PS1621.0004.817.000

PS2621.0004.815.843

PS3616.3004.815.843

PS4616.3004.816.700

PS5615.5284.817.509

PS6615.9144.818.064

PS7616.1004.817.900

PS8616.6004.818.900

Superficie afectada: 10,72 km.

Potencia bruta: 21,75 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 11 de xullo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo