Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Álabe Montemayor-Sur para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 063-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Álabe Montemayor-Sur coas seguintes características:

Peticionario: Acciona Eólica de Galicia. Praza de Ferrol, nº 6. 27001 Lugo.

Situación: concello de Abadín (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

X-Long. WY-Lat. N

PMS1622.8744.812.000

PMS2622.1794.811.220

PMS3622.1694.811.124

PMS4623.0674.810.160

PMS5619.0004.810.502

PMS6619.0004.812.000

Superficie afectada: 5,85 km.

Potencia bruta: 18 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 11 de xullo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo