Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Álabe Montemayor-Norte para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 062-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Álabe Montemayor-Norte coas seguintes características:

Peticionario: Acciona Eólica de Galicia. Praza de Ferrol, nº 6. 27001 Lugo.

Situación: concello de Abadín e Alfoz (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

PMN1623.2154.813.845

PMN2624.3974.812.543

PMN3623.3494.812.532

PMN4622.8744.812.000

PMN5619.7154.812.000

PMN6619.7174.812.331

PMN7619.3274.812.646

PMN8619.3274.812.898

PMN9619.7184.812.580

PMN10619.7234.813.372

PMN11621.0074.813.827

Superficie afectada: 6,82 km.

Potencia bruta: 22,5 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 11 de xullo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo