Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 10 de agosto de 2000 Páx. 11.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, do alugueiro de nove automóbiles para este organismo autónomo.

A) Contrato de alugamento.

1. Alugamento de nove automóbiles para o Organismo Autónomo Augas de Galicia.

Clave: OH.SC.00 078.

Orzamento: vintesete millóns setecentas noventa e dúas mil pesetas (27.792.000) equivalente a 167.033,285 euros.

Duración do contrato: 3 anos.

Fianza provisional: dispensada segundo o artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (aprobada por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

(Declarado urxente segundo o establecido no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de características técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, praza Díaz Valiño, s/n. Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirá a fianza provisional indicada na letra A) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega co prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposiciones.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas do organismo autónomo Augas de Galicia, ás dez horas do décimo día natural, que non coincida en sábado ou domingo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2000.

Agustín Hernández-Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia