Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 10 de agosto de 2000 Páx. 11.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

ANUNCIO de licitación.

Por resolución da Alcaldía-Presidencia do 31 de xullo de 2000, aprobouse o expediente de contratación mediante procedemento aberto por poxa, en tramitación urxente, da obra denominada: «Acondicionamento camiño cemiterio e estrada de acceso á Medua e construcción de muro en Sobradelo».

1. Obxecto. Execución do acondicionamento camiño cemiterio e estrada de acceso á Medua e construcción de muro en Sobradelo.

2. Orzamento. Tipo de licitación: 10.000.000 de ptas. (60.101,2 euros).

3. Forma de adxudicación. Procedemento aberto por poxa. Tramitación urxente.

4. Prazo de execución. Dous meses.

5. Garantías. Provisional: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información. O expediente de contratación e prego de condicións particulares expóñense ó público durante catro días desde a súa publicación no BOP. Os interesados poden obte-la información que consideren oportuna na Secretaría do Concello de Carballeda de Valdeorra (Sobradelo). Teléfono: 988 33 50 02; fax: 988 33 53 79. A data límite para obtención de documentación e información será a de finalización do prazo para presentación de ofertas.

7. Requisitos do contratista. Persoa física ou xurídica. Clasificación: non se esixe.

8. Prazo de presentación de proposicións. As proposicións, de conformidade co modelo que figura no prego de condicións, presentarase no rexistro xeral do concello, ata as 14 horas do décimo terceiro (13) día natural seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP ou no DOG (data da última publicación), xuntando a documentación que se especifica no prego de condicións.

9. Apertura de plicas e proposta de adxudicación. Terá lugar en acto público no salón de sesións do concello, ás 12 horas do día seguinte hábil (agás

sábado) a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas, formulándose proposta de adxudicación.

10. Gastos de anuncios. Serán por conta do adxudicatario.

Carballeda de Valdeorras, 1 de agosto de 2000.

Mª Carmen González Quintela

Alcalde